A montaxe de 'A lingua das bolboretas' de Sarabela Teatro encabeza as candidaturas aos Premios María Casares
A obra suma 8 finalistas, fronte aos 5 de Dreaming Juliet (Elefante Elegante), 32m2 (ButacaZero) e Bailar Agora (Marta Alonso de Tejada). 13 espectáculos competirán polos galardóns, que se entregarán o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña