O estudo do movemento corporal a través do encontro entre danza e circo. O circo contemporáneo desde o punto de vista da danza. O funambulismo desde unha perspectiva actual. Hai fíos que unen o traballo da bailarina, equilibrista, coreógrafa e pedagoga da danza Paula Quintas e percorren as súas pezas. Hai pouco levou Plastic ao encontro 6Coreógrafas, na Estrada, e Multiperspectivas a Escenas do Cambio. Un dos traballos que comparte coa tamén bailarina Marta Alonso, a peza para público familiar Nina Ninette, puido verse no Galicia Escena Pro