A cultura galega recupera aos poucos a súa actividade anterior á COVID, agás as artes escénicas
Dúas de cada tres empresas culturais desenvolven a súa actividade "con normalidade" e o 82% ten todo o seu cadro de persoal activo, segundo as cifras que publica o Observatorio do Consello da Cultura Galega. Porén, o 75,7% das empresas enquisadas segue a facturar menos que en 2019 e un terzo delas detalla perdas de máis do 50% con respecto a aquel ano.