Conexión.gal vai da China a Suíza para constatar as diferenzas que experimentan as galegas migrantes do século XXI
Aida Pérez conéctase neste cuarto Conexión.gal desde Lucerna, no corazón de Suíza. O que nun principio ían ser tres meses na China, van para sete anos emigrada do seu Lestedo natal. Os efectos da crise económica de 2008 notáronse con forza no seu sector, o da publicidade e o deseño gráfico, e buscou sorte fóra. En Lucerna traballa nunha empresa especializada en materiais para o ensino do inglés á infancia.