Cineuropa presenta unha programación de 'escándalo'
No programa da 32ª edición destaca a aposta por películas que no seu momento supuxeron unha transgresión aos valores da moral ultraconservadora. Do 7 ao 28 de novembro proxectaranse en Compostela ao redor de 300 filmes. Isaki Lacuesta, Ángela Molina e Antonio Durán “Morris” recibirán os Premios Cineuropa 2018