- Entrevista | Antonio M. Fraga
- Cultura
“A novela é unha defensa sen matices do noso dereito a soñar. E non só das crianzas, tamén das persoas adultas”
Antonio M. Fraga vén de gañar o premio de literatura xuvenil da Gala do Libro Galego c'O bestiario científico de Anxos Nogueirosa'. O libro conta dúas historias paralelas: a dun rapaz ao que envían a unhas colonias en Oza e de dúas rapazas, tía e sobriña, que loitan por cumprir os seus soños de aventura e coñecemento