Jello Biafra, Belako, Punsetes e Joe Crepúsculo acompañan a Patty Smith encabezando o Noroeste
O festival coruñés celebrarase do 6 ao 11 de agosto, combinando grandes concertos na praia de Riazor con citas máis selectas en rúas e prazas da cidade e actuacións en espazos emblemáticos, como o Castelo de San Antón. O pasado ano 90.000 persoas pasaron por un evento no que as bandas femininas foron maioría