Cultura
O fragmento do 'Livro da Montaria' roubado hai 25 anos regresa ao Arquivo Provincial de Lugo
A biblioteca escolar do IES de Cedeira denuncia "censura" pola retirada dun poema que dicía "odio España"
O pasado 21 de marzo instalouse unha exposición con varios poemas realizados por alumnado de 4º de ESO. A denuncia dalgúns mestres ante a Consellería de Educación fixo que a Dirección do centro decidise retirar a mostra
- Crónica | Porto
- Cultura
Arrincar os marcos, traspasar a fronteira: as culturas galega e portuguesa abren no Porto unha nova canle de intercambio coa poesía
“Movéronnos os marcos/ e arrasamos a fronteira”. Dicíao Xabier Xil Xardón ao ler un dos seus textos no recital de poesía galega celebrado no Porto na segunda edición do ‘Arrincando marcos’. Non pretendía adiantar as conclusións do evento, mais as súas palabras si poderían, quizais, agoirar o futuro dun intercambio cultural que debería producirse dun xeito tan corrente e fluído que os lindes administrativos chegasen a diluírse. Mesmo ata a desaparición.
Compostela acolle unha gala de boicot á celebración de Eurovisión en Israel
Organizada por Pallasos en Rebeldía e BDS Galiza e con entrada de balde, actuarán artistas e bandas galegas como Mónica de Nut, Jásper Nao, Zeltia Irevire & Neves Seara, o Mago Teo, Alba María e Queco Díaz, Somdolilá, Jano Costas, Culturactiva Producións e Check Point Clown
Linguas superiores e inferiores
L. C. Carballal
- Entrevista | Olga Novo
- Cultura
“A literatura pertence á cáscara estética da linguaxe, pero a vida está máis alá e máis dentro. A Poesía é Amor ou non é nada”
Olga Novo vén de publicar en Kalandraka Feliz Idade, un libro dedicado ao seu pai e á súa filla. Toda unha declaración de amor que ela define como “a condensación no tempo, nunha Idade, do encontro con persoas que fan felices aos demais"
Sota, cavalo e rei
Joám Lopes Facal
A Xunta recoñece que unha canteira de lousa ocupou o espazo protexido dun castro en Mondoñedo
A Consellería de Cultura constatou, tralas denuncias de Mariña Patrimonio e ADEGA, que a instalación alterou "substancialmente" o terreo e subsolo do castro da Trinidade e tamén a superficie do Camiño de Santiago do Norte. A Fiscalía investiga a responsabilidade do Goberno galego na desfeita
A poesía galega desembarca no Porto para "arrincar os marcos" que separan Galicia e Portugal
Oito poetas participarán nunha acción colectiva impulsada por Edicións Positivas, que busca promover "que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital"
Homenaxe a Xabier P. Docampo, na voz das súas amizades
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o 29 de maio un acto no que participarán compañeiros e compañeiras de xeración literaria e do movemento de renovación pedagóxica. "Botamos de menos o amigo e o compañeiro que traballaba en proxectos colectivos para este país", di Cesáreo Sánchez
- Crónica
- Cultura
E a poesía non foi milagre, senón verdade: o festival Alguén que respira! seduce o público compostelán e coruñés
A poesía foi verdade ou procura na mesma. Foi mostra de diversidade. De sensibilidade. De empatía. Da forza da palabra e do pensamento. Aconteceu entre Santiago e A Coruña, cun intenso programa coa literatura como centro e coa hibridación artística como filosofía. Chamouse ‘Alguén que respira!’ e xuntou máis de medio cento de poetas, performers, músicos, actrices e actores