Cultura
'As tres esposas', retrato amargo e fiel da clase media lucense. A consagración como autor de José Estévez
Manuel Vázquez
Poesía en tempos de feras
Luz Darriba
Alfonso Zarauza, Premio Pedigree dun Festival de Cans que tamén recoñece a Nerea Barros e Uxía Senlle
O certame celebrará a súa XXII edición entre o 20 e o 24 de maio e quere homenaxear os 30 anos de carreira do cineasta e produtor compostelán. Ademais, haberá premios de honra para a actriz Nerea Barros e a cantante Uxía, habituais do Festival de Cans, e para o veciño Adriano Campos, de 91 anos, fundamental no desenvolvemento desta aldea do Porriño e no propio festival.
Ponte nas Ondas celebra o seu 30 aniversario cunha maratón radiofónica con centros de ensino
O acto terá lugar o 26 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, nun programa de cinco horas conducido polas presentadoras do podcast O Faiado e no que participarán en directo seis centros de ensino, ademais doutros moitos que tamén intervirán na celebración
'Mulleres, traballo e memoria', de Mar Caldas: feminismo, conciencia de clase e reparación da ferida franquista
No soto do CGAC agarda polo público un percorrido polas feridas dos últimos oitenta anos, algunhas cicatrizadas e outras que volven sangrar ao seren lembradas. Mulleres, traballo e memoria é a exposición na que a artista viguesa Mar Caldas reúne obras recentes que marcan o carácter feminista da súa ollada do colectivo ao privado
O Son do Camiño consolídase como o evento "máis destacado" para os xestores da cultura galega
O festival O Son do Camiño, o escritor Manuel Rivas e o seu Premio Nacional das Letras, a Culturgal, Fillas de Cassandra e o Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta son os fitos culturais "máis destacados" de 2024 para as persoas responsables das entidades culturais do país
Vigo albisca unha nova sala de concertos cun Cine Fraga "polivalente"
Residencias, artísticas, espazo museístico, club infantil cultural ou a ansiada nova sala de concertos para Vigo. Todo isto parece que ha ter cabida no novo Teatro Cine Fraga que planea o Goberno galego logo de llo mercar, xunto coa Deputación de Pontevedra, a Abanca.
Máscaras e mudados: a Illa de Ons recupera 50 anos despois o seu Entroido tradicional
A festa celebrouse por última vez no ano 1975. Porén as recentes investigacións de José Manuel Dopazo sacaron do esquecemento os festexos tradicionais e contribuíron á súa recuperación, grazas ao impulso do Concello de Bueu e da Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons
- Entrevista | Fermín Muguruza
- Cultura
"A loita política vai implícita no que fago, pero tamén o lúdico: sempre hai motivo para bailar"
O artista vasco celebra 40 anos sobre os escenarios cunha xira mundial que fai parada en Santiago o vindeiro 15 de marzo. Falamos con el durante unha visita previa para preparar outro "akelarre antifascista".
A pegada das nais de Érguete, unha exposición para 40 anos de loita contra o narco
"Na súa loita contra a droga -explican as comisarias- as nais ampliaron os límites dos marcos da protesta, puxeron o corpo para encarnar, interpretar e sinalar o que ata daquela estaba oculto", destacan as comisarias da mostra, que abre no MARCO ata xuño combinando fotografías, pancartas e documentos da asociación coa creación de once artistas contemporáneas
"O concerto na Capitol vai ser case como unha viaxe á adolescencia"
Budiño chega ao escenario da Sala Capitol de Santiago de Compostela cos deberes feitos. Os concertos son os que lle dan sentido a todo para o músico de Moaña, que se rodea de amizades para presentar as cancións do disco Branca Vela con todo o fulgor