Cultura
Ferrín advirte de que "sempre se pode cambiar de opinión"
O presidente da RAG abre a posibilidade de dar marcha atrás na súa anunciada dimisión. Manuel Rivas aclara que solicitará que "reconsidere a súa posición" e felicítao por presentar un recurso contra o decreto do plurilingüismo.
"Rosalía de Castro deixou de escribir en galego por xente como esta"
Marta Rivera de la Cruz carga contra os que critican que fose a convidada á homenaxe á autora, especialmente contra o BNG, que censurou a súa belixerancia contra a lingua propia. A Mesa critica que se "excluíse a todas as escritoras en galego".
Pilar Pereira recibirá o premio de honra Marisa Soto 2013
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia recoñece con este galardón a ampla e frutífera traxectoria da intérprete ao longo de máis de sesenta anos. A actriz será homenaxeada na entrega dos premios do teatro, que se celebrará o vindeiro 27 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Marta Rivera: a raposa no galiñeiro
Tati Mancebo
A ATESAD pide que as axudas para as artes escénicas se centren na distribución
A Asociación de Titulado/as en Estudos Superiores de Arte Dramática esixen tamén "o libre acceso dos creadores e creadoras galegas aos espazos de exhibición costeados cos impostos dos cidadáns", ante a frecuente imposición de taxas para o uso dos auditorios musicais.
As artes escénicas critican a escolla do novo director de AGADIC, sen experiencia na xestión cultural
Jacobo Sutil traballou na construtora San José e noutras empresas, sempre fóra do ámbito do que agora ten que responsabilizarse. Salvador del Río lamenta a súa falta de experiencia e de perfil político e que Jesús Vázquez non llelo comunicase aos representantes do sector na xuntanza que mantiveron este mércores.
O Xabarín é voso. O clube é noso
Brais Romero
As lecturas dunha dimisión
Xesús Veiga
Pecha unha web de fans do Xabarín Club por indicación da CRTVG
Os responsables de Xeración Xabarín deciden eliminar o sitio despois de que dende o ente público se ameazase con emprender accións legais contra eles. O proxecto nacera en 2007 "vendo que a TVG maltrataba sistematicamente un dos seus programas máis emblemáticos"
Sentido da medida
Suso de Toro
Alertan do "demantelamento" da cultura como "motor social e económico"
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural presenta un documento que denuncia que os recortes poñen en perigo o dereito da cidadanía "a acceder de xeito igualitario á cultura e ao coñecemento" e provocan a desaparición de estructuras, iniciativas e redes "que será moi difícil recuperar".