- Entrevista | Lara Graña
- Economía
"En Galicia o poder estaba nun empresariado que era como unha estirpe. O silencio político con Pescanova non tiña explicación"
Case oito anos pasaron entre a creba de Pescanova e a recente sentenza que condenou o presidente da compañía, Manuel Fernández de Sousa, por falsear as contas. O Faro de Vigo adiantou a nova da creba en febreiro de 2013 e unha xornalista, Lara Graña, seguiu desde aquel día todo o proceso, incluído un xuízo, hai menos dun ano, no que foi a única periodista presente durante semanas.