A Audiencia Nacional culpa a Caixa Galicia da quebra das caixas e sinala a Xunta por impulsar a fusión "obrigada"
O tribunal advirte de que a quebra da entidade coruñesa provocou o rescate das caixas e que Caixanova non tería sido intervida "se non fose obrigada a fusionarse" polo impulso do Goberno galego e do Banco de España.