Economía
Autónomos denuncian que Naturgy nega a suspensión gratuíta de subministro que ordenou o Estado
Profesionais advirten de que a eléctrica dilles que aínda non decidiu se aplicar unhas medidas ordenadas polo Goberno central. A empresa asegura que se debe a "un erro" e asegura que a gratuidade na modificación dos contratos é xa "aplicable".
O impacto do coronavirus dispara o paro rexistrado en máis de 8.000 persoas en Galicia
O aumento do paro en marzo é o maior desde novembro de 2009; o incremento anual é o máis importante desde marzo de 2013. Galicia destrúe case 10.000 empregos, unha cifra que non reflicte aínda a dureza do impacto real da crise polo virus.
Os prazos e os requisitos para acceder ás axudas para autónomos polo coronavirus
Á espera dunha nova orde que aclare aínda máis as condicións para acollerse ás medidas, o decreto publicado no BOE detalla o rescate impulsado polo Goberno central para este colectivo.
A declaración da renda, co 70% a devolver, xa se pode presentar e os técnicos piden ampliar o límite do 30 de xuño polo virus
Facenda xustifica o inicio da campaña malia o coronavirus salientando que o venres comezarán a pagarse as devolucións e que o 90% se presentan por internet
O pequeno comercio prepárase para unha caída do consumo tras o confinamento e apela á conciencia cidadá
Os negocios de alimentación locais notan unha baixada na facturación porque os consumidores optan por supermercados e grandes superficies
- Documento Coronavirus
- Economía
Vinte e cinco actividades "esenciais" fican fóra do peche reforzado de empresas para frear o coronavirus
Durante as primeiras 24 horas, o decreto permite as "tarefas imprescindibles" para paralizar a actividade nas empresas que así o requiran e non poidan cesar "de modo inmediato" a súa actividade
O “permiso retribuído recuperable” polo coronavirus non afecta a quen xa estea teletraballando, de ERTE ou baixa
“Todas as partes ceden, empresarios e traballadores”, salienta a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, mentres Feijóo lamenta non coñecer os sectores afectados antes de aprobarse a medida. Consulta aquí o listado de sectores afectados
O Estado impide despidos polo coronavirus e obriga a manter os contratos temporais ata a fin da crise sanitaria
A Inspección de Traballo revisará os ERTE e, se hai incumprimentos, o empresario será sancionado e deberá devolver as contías percibidas
A caída da demanda polo coronavirus agrava a situación da pesca e o marisqueo despois dun inverno "moi malo"
A pesca tiña unha situación mellor que a do marisqueo ata o de agora, pero xa empezou a ter problemas para vender o produto, segundo as confrarías
Finsa súmase ás grandes empresas galegas que presentan ERTE cunha suspensión temporal para 1.600 persoas
En total hai 70.084 empregados afectados por este tipo de medidas en Galicia. PSA asinou coa maioría sindical o ERTE para máis de 7.400 persoas
PSA activa o ERTE na factoría de Vigo e as persoas afectadas por esta medida xa son 45.500 en toda Galicia
O número total de expedientes é de 8.276, concentrados nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde hai máis tecido empresarial