Economía
- Reportaxe Coronavirus
- Economía
Autónomos, ante a falta de ingresos polo coronavirus: "O que nos dá medo é ter que volver empezar"
A paralización de actividades para deter o espallamento do virus provoca que moitos profesionais queden sen actividade. Temen unha crise económica que reduza clientes e encargos tamén a medio prazo.
A planta de Alu Ibérica na Coruña pecha 14 días por precaución trala morte por coronavirus dun ex-traballador
A decisión foi adoptada despois de coñecer o falecemento polo Covid-19 de José Luis Paz Pena, ex-presidente do comité de empresa, de 75 anos e xa xubilado, pero que nos días anteriores estivera en contacto con varios traballadores.
O 65% da produción eléctrica xa é renovable en Galicia, que segue exportando enerxía malia a fin do carbón
O peso total das renovables no noso país pasou do 55% ao 65% no último ano, grazas ao crecemento da eólica, que xa representa o 35% do total. En cambio, as térmicas de carbón pasaron de achegar o 33% a producir menos do 10%. Mesmo eliminando esta parte, Galicia seguiría a ser excedentaria
Multiplícanse os ERTE polo coronavirus, por riba dos 4.200 en Galicia
A cifra é sete veces superior á de hai dous días, recén aprobadas as medidas do paquete económico do Estado
O telemárketing reduce a actividade pero seguen as queixas pola insuficiencia da protección contra o coronavirus
Bosch, en Vigo, presentou un ERTE para máis de 1.300 persoas. En Atento, onde o persoal denunciou as deficiencias nas medidas de prevención ante a Inspección de Traballo, están a espera de que revisen o seu caso
Galicia rexistra 630 expedientes de regulación temporal do emprego polo coronavirus que afectan a 5.187 persoas
Algúns entes locais comezan a anunciar medidas propias para protexer o emprego. O Concello de Lugo manterá os termos dos contratos coas adxudicatarias para que non haxa suspensións de contratos
Persoal de telemárketing denuncia na Inspección de Traballo o incumprimento das medidas de prevención do coronavirus
No primeiro día laborable en estado de alarma algunhas persoas negáronse a ocupar o seu posto durante horas porque a separación é de menos de un metro e comparten os equipos, mesmo os cascos
Coroavirus e recesión económica: que non nos enganen!
Manoel Barbeitos
A planta de PSA de Vigo deixa de producir hoxe e pecha dende o mércores
A empresa decidiu o cese da actividade de todas as súas plantas en Europa ao longo desta semana pola "aceleración" na aparición de casos graves de coronavirus na contorna e as dificultades de suministro e dos mercados automobilísticos
Sindicatos da planta de PSA en Vigo mobilizaranse se a empresa non paraliza a produción polo coronavirus
Consideran que as decisións tomadas ata o de agora son "insuficientes" para garantir a seguridade dos traballadores e insisten nun peche inmediato. A empresa argumenta que a declaración do estado de alarma non esixe que as industrias deixen de funcionar
O impacto económico do coronavirus déixase sentir en Galicia na automoción, o téxtil e a hostalaría
O Goberno central anuncia unha moratoria de seis meses para o pago de impostos para pemes e autónomos e unha liña do ICO para empresas turísticas