Cinco mortes de traballadores en 15 días volven poñer o foco na sinistralidade laboral en Galicia
Este luns morreron un operario en Chantada ao caerlle enriba unha árbore e un mariñeiro que naufragou nas Illas Cíes, e o seu compañeiro desapareceu. Nas últimas semanas rexistráronse tamén defuncións no Porriño, en Ons e mais no Porto Exterior da Coruña. Galicia é, xunto a Castela-León, a comunidade autónoma con máis mortes en accidente laboral, 54 o pasado ano.