Economía
De Zeltia á Granxa de Barreiros: Antonio Fernández López, homenaxeado no 'Día da Galeguidade Empresarial'
Participou na creación de empresas como Frigsa ou Pescanova, apoiou a constitución da Editorial Galaxia ou a Fundación Penzol e creou o innovador Colexio Fingoi e a Granxa de Barreiros, destinada a fomentar a información e capacitación do campesiñado galego.
Persoal denuncia a Extel ante Inspección por requirir a identidade dos médicos que evitan dar baixas
A CGT require "o cesamento neste tipo de prácticas abusivas e intimidatorias" e denuncia que a empresa reclama aos traballadores os nomes e apelidos dos doutores que optan por dar un parte de repouso en lugar da baixa. A firma executou xa catro despedimentos por ausencia médica ao abeiro do aval do Constitucional.
Fake news sobre os impostos
Manoel Barbeitos
Galicia 'exportou' o pasado ano toda a electricidade xerada nas centrais térmicas de carbón
En 2018 a produción eléctrica realizada sen carbón no país (21.007 GWh) foi superior á demanda total galega (20.265 GWh). O presidente da Xunta dixo este luns que sen As Pontes Galicia sería "deficitaria" en enerxía, unha afirmación cuestionable á vista dos datos oficiais dos últimos anos.
As Pontes presiona a Endesa para que manteña a actividade da térmica uns anos ata que deixe o carbón
A compañía comprométese a "reavaliar" os informes sobre a viabilidade da queima de biocombustibles que avala o Estado tras rexeitar que lle fose rendible. As administracións buscan "gañar tempo" na procura dunha alternativa económica e de emprego.
A folga contra os despidos "por enfermar" baleiran o centro de traballo de Extel
O seguimento do paro é do 95% e o persoal mobilizouse nun ambiente "crispado e de indignación" contra a empresa tras botar catro persoas aproveitando o aval do Constitucional aos despidos por baixas xustificadas.
O pano de mesa do senhor Laffer
Joám Lopes Facal
O sector do telemárketing sofre xa en Galicia os despidos por baixa médica que avalou o Constitucional
Extel botou tres persoas na Coruña a pasada semana aludindo ao artigo 52 do Estatuto dos Traballadores que permite despedir por baixas aínda que estean xustificadas. Representantes do persoal advirten dunha "estratexia" para "adelgazar" o cadro de persoal a través da posibilidade que facilitou o aval do Constitucional.
O paro sobe por cuarto mes consecutivo en Galicia, que destrúe case 4.000 empregos en novembro
O desemprego rexistrado aumenta en 1.352 persoas e o número de afiliadas á Seguridade Social descende en 3.860.
O dereito de folga, vulnerado: as condenas á Xunta por servizos mínimos "maliciosos" chegan tarde e sen sancións
Os sindicatos reclaman que o Goberno galego non demore a fixación de servizos mínimos, o que dificulta que a xustiza poida adoptar medidas cautelares, e lamentan a falta de efectos reais das sentenzas definitivas, que chegan máis de medio ano despois
O Tribunal Superior de Galicia ratifica que UXT usou un ERE para “liquidar” a rivais en eleccións internas
Os maxistrados desestiman o recurso do sindicato e confirman a sentenza previa que declarou nulo o despedimento de Rosa María Antuña por vulnerar dereitos fundamentais