O detido por simular dirixir a Fundación Amancio Ortega foi convidado pola Xunta como experto no "emprego do futuro"
A Policía considera a Javier Boo "presunto responsable dun delito de estafa, usurpación de estado civil e falsidade documental" por presentarse a múltiples empresas como falso representante da entidade creada polo fundador de Inditex. En diversas ocasións presentouse como experto en emprego ou novas tendencias tecnolóxicas, reiterando agradecementos a cargos do PP galego