A Xunta presenta os seus Orzamentos, nos que o pago da débeda segue a absorber máis do 14% do total
Sanidade, Educación e Acción social son as partidas que máis medran en termos absolutos. Crecen os fondos para Cooperación e Normalización Lingüística, pero están aínda un 43% e un 61% por debaixo dos que había hai 11 anos. Descenden os cartos dedicados a pagar a débeda, pero a súa contía segue a ser un 318% superior á do ano 2009.