Economía
- Documentos
- Economía
80 anos de Zeltia, a empresa xurdida dun matadoiro da que naceu a biotecnoloxía galega
A firma creada o 3 de agosto de 1939 por empresarios cárnicos e investigadores perseguidos polo franquismo para obter insulina dos páncreas de animais sacrificados derivou nestas oito décadas en todo tipo de proxectos farmacéuticos e químicos
- Datos
- Economía
O paro rexistrado cae ao mínimo da década en Galicia entre síntomas de atrancos económicos
As inscricións nas oficinas de emprego caeron por riba do 7% en Galicia e a creación neta de emprego rolda as 8.000 persoas, cunha media de 15 contratos laborais por emprego creado. A combinación dos devalos económico e demográfico provoca que o paro estea en niveis pre-crise pero haxa case 60.000 cotizantes menos na Seguridade Social
O persoal das subcontratas de R mantén as mobilizacións ante a deslocalización de servizos fóra de Galicia
Os sindicatos denuncian que están en xogo un milleiro de empregos dos servizos de mantemento, que pasarían a ser realizados dende Asturias. A CIG pide a implicación das administracións e advirte de que a perda de emprego afecta tamén "a outros servizos, como enxeñería e atención telefónica"
ENCE xa admite ante os accionistas a posibilidade de ter que saír da ría de Pontevedra en 2033
Na súa presentación de resultados do primeiro semestre do ano, cunha redución de beneficios do 50%, ENCE explica aos accionistas que é posible que teña que abandonar a ría corenta anos antes do previsto tras a prórroga outorgada polo Goberno de Rajoy
Parter e Alcoa pechan a venda das plantas da Coruña e Avilés asegurando o mantemento dos empregos
Durante dous anos manterase o 100% dos postos de traballo e a partir de aí está garantida a continuidade de 250 dos 375 empregados da planta herculina, cifra que podería aumentar se o novo propietario recibe un prezo "competitivo" da electricidade, que depende da aprobación do estatuto electrointensivo
Saúde, educación e vivenda son as áreas nas que máis medra o gasto dos galegos
Entre o 2008 e o 2018 o gasto incrementouse notablemente en tres partidas: educación (62%), saúde (+16%) e vivenda (+24%), área que abrangue tamén as facturas de luz, auga e calefacción. O incremento mantívose mesmo nos peores anos da crise, cando o gasto total se recortaba
Nosa Enerxía celebra o seu quinto aniversario superando os 700 contratos de luz en Galicia
Nosa Enerxía nacía en 2013 con 30 socios e socias co obxectivo de "cambiar o modelo enerxético actual e democratizar a enerxía, consumir enerxía verde e tamén apostar pola economía social e verde". Agora tamén impulsa proxectos como o orientado a substituír os motores de combustión por motores eléctricos na frota bateeira
- Gráficos
- Economía
A mocidade galega no paro reduciuse un 50% en dez anos e a que ten traballo caeu un 40%
A taxa de desemprego xuvenil está tres puntos por baixo da dos primeiros anos da crise, mentres que a de emprego é dez puntos inferior á daquela. A poboación de 16 a 29 anos asalariada con contrato indefinido caeu neste tempo un 53% e a contratada temporalmente, un 30%
- Gráficos
- Economía
O paro xa cae en Galicia a niveis de hai unha década co mercado laboral marcado pola crise demográfica
A EPA do segundo trimestre de 2019 reflicte en Galicia 26.300 persoas menos en situación de desemprego que a finais do segundo trimestre de 2009, pero tamén 54.100 persoas menos traballando que hai unha década.
O atraso tecnolóxico de Galicia
Xoán Antón Pérez-Lema
As deslocalizacións e os ERE de R e o Santander ameazan máis dun cento de empregos na Coruña
A empresa de telecomunicacións e a entidade bancaria anuncian despedimentos tanto nas matrices como en filiais e subcontratas e os sindicatos advirten do "desmantelamento" logo da perda de capital e raizame galega en ambos os dous grupos.