O persoal das subcontratas de R mantén as mobilizacións ante a deslocalización de servizos fóra de Galicia
Os sindicatos denuncian que están en xogo un milleiro de empregos dos servizos de mantemento, que pasarían a ser realizados dende Asturias. A CIG pide a implicación das administracións e advirte de que a perda de emprego afecta tamén "a outros servizos, como enxeñería e atención telefónica"