O conflito da limpeza en Correos enquístase e xa ameaza o servizo postal en Galicia
As limpadoras suman tres meses en folga e cinco sen cobrar e manteñen as mobilizacións. As condicións de insalubridade levan o persoal do principal centro de xestión postal de Galicia, en Santiago, a convocar un paro indefinido que pon en risco a correspondencia a partir do 3 de decembro.