As traballadoras de axuda no fogar pelexan ante Xunta e concellos pola suba salarial do 6,5% que esixe o seu convenio
Máis de 8.000 persoas, a maioría mulleres, realizan en Galicia este labor, privatizado ou externalizado nos últimos anos. Dende esta primavera os sindicatos levan a cabo mobilizacións para demandar ás administracións que esixan ás empresas concesionarias que cumpran coas condicións recollidas na normativa.