Fenosa é condenada por facturar consumos estimados de xeito reiterado e cobrar igualmente o alugueiro do contador
A sentenza da Audiencia da Coruña chega tras unha demanda da Fiscalía en defensa dos consumidores
A sentenza da Audiencia da Coruña chega tras unha demanda da Fiscalía en defensa dos consumidores
Traballar menos cobrando o mesmo. Esa posibilidade está a ser un dos grandes debates nos que está inmerso o mundo do traballo en moitos países occidentais. O primeiro episodio da nova tempada do 'Té con gotas' aborda o debate coa axuda de Jack Kellam, investigador que analizou o exitosa experiencia piloto en Islandia, e mais con Andrés Tarascó, responsable dunha empresa galega de ciberseguridade que está a ensaiala
Os xestores de Alu Ibérica pagaron máis de medio millón de euros a unha comercializadora de viños en criptomoedas, segundo un informe da UDEF que revela novas "manobras defraudatorias" no desmantelamento da planta de aluminio da Coruña.
Veciñanza e comerciantes da Zona Vella de Santiago únense ás protestas no rural ante a vaga de clausuras que deixaron un barrio da Coruña sen atención presencial. En só dous anos, 140 oficinas pecharon nas sete urbes galegas.
O secretario xeral anima no congreso do sindicato nacionalista a "ampliar" o seu liderado "en representatividade, afiliación e capacidade de mobilización" e critica o diálogo social por "xustificar os incumprimentos programáticos do Goberno de España".
A multinacional compra mineral e inicia os preparativos para poñer de novo en funcionamento en caso de o solicite Red Eléctrica ante vagas de frío, a suba imparable do prezo da luz e as ameazas de restricións no mercado gasista.
Alejandro Paleo, ex-ciclista profesional e agora traballador da planta que está ameazada de peche, está a percorrer en bicicleta os 2.800 quilómetros que a separan da sede da multinacional, onde quere entregar na man dos directivos da compañía unha carta asinada polo persoal reivindicando a continuidade da produción. Quere que "coñezan os nosos nomes e as nosas caras" e "vexan que somos algo máis que números".
O rescate a Hotusa, compañía presidida polo chantadino Amancio López Seijas, foi aprobado polo Consello de Ministros componse dun préstamo participativo de 190 millóns de euros e outro crédito ordinario de 51 millóns. O Goberno de España sinala que o concede a través do fondo para empresas "estratéxicas" afectadas pola COVID tras analizar a súa situación financeira e as "garantías para asegurar a devolución do apoio financeiro público temporal"
Impulsa Galicia, firma público-privada encabezada polo Goberno galego e Abanca xunto a Reganosa e Sogama , elixiu a portuguesa Altri para a fabricación de 200.000 toneladas anuais de fibra téxtil a partir da madeira. O proxecto non ten emprazamento definido nin, polo momento, tampouco datas previstas
As inscricións nas oficinas de emprego descenderon na agricultura, na industria e na construción pero aumentaron en case 2.000 no sector servizos. A sinatura de máis de 96.000 contratos non impide a destrución de milleiros de postos de traballo.
O órgano financeiro da UE admitiu a trámite a queixa e estuda xa os intereses enfrontados sobre o impacto ambiental e social das actuacións que a enerxética quere acometer cun préstamo de 700 millóns de euros que lle concedeu