A Coruña dá outro paso para a creación da primeira empresa pública municipal de enerxía en Galicia
Constitúese a comisión político-técnica que dará forma legal a un proxecto innovador, que pretende impulsar un operador enerxético como alternativa ás grandes empresas e empregando fontes de enerxía 100% renovables.