Economía
Os sindicatos agrarios galegos critican a Garzón e piden diferenciar entre granxas sustentables e produción industrial de carne
As declaracións do Ministro de Consumo nas que pedía reducir a inxestión de carne vermella foron tamén desautorizadas polo Ministro de Agricultura e polo propio Pedro Sánchez, que afirmou: "onde me poñan un chuletón ao punto, iso é imbatible”.
Caixa Rural Galega pechou 2020 con 5,8 millóns de beneficio tras marcar novos máximos de depósitos, crédito e empregos
Os depósitos da entidade cooperativa achéganse aos 1.280 millóns tras medraren case un 20% e o investimento crediticio aumenta un 23% e chega aos 686 millóns, a maior parte en Pemes e autónomos (45%) e particulares (44%). "Seguimos facendo un tipo de banca diferente, de proximidade, tradicional pero á cabeza da dixitalización", sinala o presidente da Caixa Rural, que atribúe os bos resultados malia á pandemia a que "a nosa prioridade foi sempre a xente e este ano, dun xeito especial"
A afiliación á Seguridade Social volveu en Galicia en xuño a niveis do verán de 2018 e o persoal en ERTE caeu un 17%
O persoal afiliado á Seguridade Social aínda segue por baixo do nivel previo á pandemia e o atinxido por ERTE aínda rolda as 19.000 persoas malia encadear catro meses de descenso. O paro rexistrado está composto por 27.000 persoas menos que hai un ano. O Ministerio de Traballo subliña que a caída do paro a nivel estatal é a maior dende que hai rexistros, a CIG subliña a ligazón da baixada co sector servizos e CCOO chama a "consolidar o emprego creado" coa derrogación da reforma laboral do PP
Feijóo nega que Reganosa queira "un encoro" nas Pontes malia publicitalo a propia empresa, da que a Xunta é accionista
O presidente di que o anuncio da compañía, con varios altos cargos da Xunta no consello de administración, responde aos "seus propios intereses" e que cando presente formalmente o proxecto “miraremos o cumprimento da normativa ambiental”
Reganosa anuncia "un novo encoro" e catro parques eólicos nas Pontes para producir hidróxeno
A empresa di que o seu plan con EDP Renováveis suporá un investimento de 780 millóns e 400 empregos fixos pero di que está condicionado “á poxa de capacidade pendente de celebración” por parte do Goberno de España
Un economista heterodoxo
Manoel Barbeitos
Outra marcha lanza un novo SOS polo futuro de Ferrolterra, Eume e Ortegal
Unhas 700 persoas maniféstanse na ponte das Pías nunha "batalla máis dentro desta guerra, ante a situación de desemprego, pobreza e emigración da nosa mocidade" e piden a Goberno central e Xunta que actúen xa.
O banco ao que a Xunta subvencione caixeiros recibirá axudas tamén para colocalos onde peche oficinas nos próximos anos
O Goberno galego xustifica a “axuda de Estado” á banca para que preste servizos financeiros onde os retirou previamente en que é unha “compensación por servizo público”
- Documento Sector eólico
- Economía
Iberdrola quere negociar coa Xunta “compensacións” polas prohibicións á pesca que suporían os seus parques mariños fronte a Ortegal
A empresa tramita de xeito independente dous proxectos separados por poucos quilómetros con 35 aeroxeradores cada un e contempla a posibilidade de empregar eses emprazamentos tamén para a acuicultura
O BNG sinala Casa Grande de Xanceda como mostra de proxecto "exemplar" no rural ameazado polo modelo eólico da Xunta
Ana Pontón visita a gandería ecolóxica e apoia a batalla que os seus propietarios levan a cabo contra macroparques eólicos que, segundo di, poñen en risco "un proxecto emblemático, dos que constrúen país".
Forte demanda, altos prezos de gas e CO2 e impostos por reducir: a tormenta perfecta que dispara a factura da luz
O Goberno central anunciou varias opcións para rebaixar o importe: baixar o IVE ao 10% ou suspender o tributo de xeración eléctrica ante un recibo que bate récords en plena crise pola COVID. "Se non se cambia o sistema de fixación de prezos, o importe seguirá alto; é como ir mercar sardiña e percebes e pagar todo ao prezo do percebe", ilustra a profesora Rosa Regueiro