Deleite lanza o leite A2, máis dixerible e polo que as granxas reciben un prezo máis alto
A marca galega, impulsada por gandeiros do país, desenvolveu esta variedade de forma natural, seleccionando vacas que producían leite sen a proteína A1, responsable das molestias dixestivas que sofre unha parte da poboación ao beber leite. É a primeira vez que se comercializa a grande escala no Estado español e unha das primeiras veces en Europa.