Pedro Sánchez advirte de que o Goberno de España "tomará cantas medidas sexan precisas para poñer fin ao inxustificable bloqueo" do Tribunal Constitución e do Poder Xudicial e apela ao "respecto á vontade popular" tras a "grave" suspensión da votación no Senado por parte do propio TC. Nunha declaración institucional, o xefe do Executivo di "comprender a indignación de moitos demócratas" tras a decisión do TC, que "acata", e censura que o PP pretenda "reter por medios espurios un poder que os cidadáns non validaron nas urnas". Tras a suspensión da votación das emendas, o Goberno ten a posibilidade de tramitar a reforma como proxecto de lei por vía ordinaria.
