O pleno do Tribunal Constitucional decide admitir a trámite o recurso do PP contra as emendas polas que se modifica o sistema de elección dos candidatos para o propio TC que ten que nomear o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). Os membros do pleno tamén optan por rexeitar os recursos presentados por Unidas Podemos e PSOE que pedían recusar a dous maxistrados das votacións. O pleno segue reunido á espera da decisión sobre o recurso presentado polo PP que inclúe medidas cautelarísimas para suspender a votación no Senado desas emendas para modificar o acceso dos candidatos ao alto tribunal.
