O ministerio renovará o asfalto da moi deteriorada N-540 Lugo-Ourense cun investimento de 12,5 millóns de euros. As protestas polo mal estado da estrada sucédense desde hai anos.
Fálase
Meteogalicia activa avisos amarelos e laranxas por altas temperaturas na maior parte de Galicia para este martes, 8 de agosto, cando "as máximas estarán entre os 34 e os 40 graos", advirte. Emerxencias pon o foco especialmente nunha vintena de concellos ourensáns, aos que xa sitúa en alerta laranxa para a xornada do martes por este mesmo motivo. [Mapas: Meteogalicia]
Vox ofrece os seus votos a Feijóo se concorre á investidura e o líder do PP apláudeo como un "avance no ámbito do constitucionalismo". O ex-presidente, de vacacións en Galicia, acudiu xunto a Rueda á Festa do Albariño de Cambados e láiase de que o PSOE non o "felicitase por gañar as eleccións" xerais do pasado 23X. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
- CRÓNICA POLÍTICA | Good Bye, Xunta
Nas fins de semana de agosto, Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns xa estamos de volta.
O Celta decide "extinguir unilateralmente" o contrato de Santi Mina dúas semanas despois de que se ratificase a súa condena por abuso sexual. Mina fora apartado do equipo hai un ano tras ser condenado pola Audiencia de Almería, pero reincorporárase aos adestramentos do Celta pouco antes de que o pasado 19 de xullo o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ratificase a condena a condena a catro anos de cadea e rebaixase a indemnización á vítima por danos morais de 50.000 a 25.000 euros. O futbolista aínda pode recorrer ante o Tribunal Supremo. [Imaxe: RC Celta]
O sestercio da caetra xa está no Museo Provincial de Lugo. Trátase dunha moeda "case única da que só se coñecen tres exemplares no mundo", destaca a área de Cultura da Deputación lucense. O outro exemplar cuxa localización se coñece foi achado en 2005 durante unha escavación na antiga Bracara Augusta exposto actualmente está actualmente no Museo de Arqueoloxía de Braga. O terceiro está en paradoiro descoñecido. Esta peza incorpórase á colección numismática do Museo de Lugo "como parte dun lote de sete moedas, que inclúe dúas moedas suevas e catro visigodas", explica Iria Castro, responsable de Cultura da Deputación -na imaxe-.
Rueda collerá "uns días de vacacións" e di que "non se discute o dereito de ninguén" a telas pero que Pedro Sánchez non debera. O presidente da Xunta di que non lle gustaría discutir sobre o dereito a vacacións de ninguén "pola parte que me toca", pero engade que a respecto das vacacións de Sánchez, criticadas polo PP, "o que está en discusión é se é o momento oportuno agora despois dunhas eleccións e cun proceso de investidura aberto". Sobre as súas, o popular di que sairá "algún día" fóra de Galicia cun recorrido en moto e "a maior parte do tempo estarei aquí".
O novo goberno local de Santiago envía a Rueda unha proposta de taxa turística e o presidente di que chega tarde. Rueda di que a analizará o antes posible pero lamenta que lle chegase "en agosto" logo de que o novo gabinete municipal encabezado por Goretti Sanmartín tomase posesión hai 45 días. [Imaxe: Conferencia Episcopal]
Primal Scream e Parov Stelar, cabezas de cartel do Festival Noroeste da Coruña, do que cae Zara Larsson. Lory Meyers, La M.O.D.A., Arde Bogotá, La Mala Rodríguez, Rayden ou The Rapants completan o cartel.
Falece o xornalista e escritor Ramón Lobo (Lagunillas, Venezuela, 1955) aos 68 anos do cancro que padecía. Lobo foi un dos principais correspondentes de guerra das últimas décadas. O xornalista Guillermo Altares, amigo de Lobo, lémbrao neste obituario en El País e tamén o fai Jesús Maraña en infoLibre. Na imaxe, Ramón Lobo na fotografía coa que asinou as súas colaboracións con infoLibre.