O galego Alfonso Gómez, investido este mércores como novo alcalde de Xenebra. O político nacido en Corme tomou posesión como rexedor da cidade Suíza e foi felicitado pola Fegamp e por líderes políticos como a nacionalista Ana Pontón ou Inés Rey. Foto: © V. Martínez.
Fálase
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) renovou este mércores a súa Xunta Directiva e escolleu como presidenta a María Paz Gutiérrez, politóloga e directora de Solidariedade Internacional. A nova Xunta Directiva estará integrada por primeira vez por un 80% de mulleres, reflectindo a realidade do sector
O Tribunal Supremo avala 27 de 29 rebaixas de condenas firmes ditaminadas en aplicación da lei de liberdade sexual malia ao criterio contrario da Fiscalía.
Compostela Aberta aproba negociar co BNG a súa entrada no goberno local que encabezará Goretti Sanmartín no Concello de Santiago dende o vindeiro día 17. A asemblea da formación municipalista -na imaxe- deu luz verde a negociar dende este mércores unha posible coalición co Bloque e, "unha vez avancen as negociacións, a coordinadora volverá someter á decisión da asemblea o acordo concreto de goberno, para que sexa ese órgano o que teña a última palabra", detallan.
O movemento feminista mobilizouse este luns en vilas e cidades galegas en repulsa polo asasinato de Ana Vanessa Serén en Oia a mans da súa ex-parella. O foco das mobilizacións estivo nos fallos do sistema de protección ás mulleres, toda vez que a muller asasinada denunciara o seu agresor, garda civil de profesión, e estaba á espera de xuízo. Na imaxe, a concentración de Santiago [CC BY-SA Praza.gal]
O buque Ártabro remata a súa misión no Villa de Pitanxo sen achar ningún corpo na zona do naufraxio. As familias das vítimas informaron de que o barco concluíu a misión sen atopar restos dos falecidos. Foto: ACSM Ships.
Pedro Sánchez propón seis debates televisados con Feijóo ata as eleccións do 23X. O presidente do Goberno de España ofrece un cara a cara cada semana co líder da oposición de aquí aos comicios xerais. "Espero o señor Feijóo o vindeiro luns", dixo. Yolanda Díaz responde asegurando que "o bipartidismo é o pasado".
O Goberno central confirma o asasinato dunha muller en Oia esta fin de semana como violencia de xénero. Con esta nova morte, son dúas as mulleres asasinadas por violencia machista en Galicia no que vai de ano, 67 desde 2003.
Boa parte de Galicia volve estar este luns en aviso amarelo por treboadas. A alerta atinxe a toda a provincia de Ourense, a toda a de Lugo agás A Mariña e mais ao interior da provincia de Pontevedra. Este domingo as treboadas descargaron con forza no interior do país e a súa intensidade provocou múltiplas incidencias na cidade de Lugo, con asolagamentos en instalacións públicas coma o hospital Lucus Augusti ou a estación de autobuses, así como múltiples rúas e baixos de edificios privados por precipitacións que supuxeron máis de 30 litros por metro cadrado en apenas vinte minutos
O Celta gaña ao Barça en Balaídos e logra a salvación, seguirá a ser un equipo de primeira división na vindeira temporada. Dous goles de Gabri Veiga conseguen o obxectivo do equipo celeste na súa última oportunidade, coa afición do seu lado. [Fotografía de Balaídos este domingo ©RC Celta de Vigo]