Os primeiros datos e proxeccións das eleccións en Bolivia apuntan a unha ampla vitoria do Movimiento al Socialismo, o partido de Evo Morales encabezado agora por Luis Arce, con máis do 50% dos votos. Tras os anteriores comicios, Morales advertiu dun golpe, foi forzado a dimitir e o Goberno, asumido por unha presidenta provisional impulsada polos militares e forzas da dereita. Os resultados definitivos coñeceranse o martes.
Fálase
Centos de persoas participan en Compostela na manifestación convocada en solidariedade cos 12 militantes de Causa Galiza e Ceivar que este luns serán xulgados na Audiencia Nacional, acusados de enaltecemento do terrorismo. Na marcha destacouse que "non son terroristas, son independentistas". O caso deriva da 'Operación Jaro' desenvolvida entre 2015 e 2017 e que levou á ilegalización destas dúas organizacións, posteriormente anulada.
Xa se pode descargar nos dispositivos de Apple a aplicación PassCOVID, lanzada pola Xunta como complemento da app estatal RadarCOVID. A aplicación ofrece información sobre a situación da pandemia e as medidas vixentes en cada concello. Ademais, a través da app unha persoa pode informar os rastrexadores sobre os seus contactos estreitos e, igualmente, rexistrar aqueles establecementos de hostalaría nos que estivo. A descarga para dispositivos Android aínda non está dispoñible.
Novedades Carminha foron os grandes triunfadores da edición 2020 dos Premios da Música Independente (MIN), obtendo os premios ao mellor artista, mellor álbum de pop e mellor directo. Ademais, Os Amigos dos Músicos levaron o premio ao mellor álbum en galego
O persoal mobilizado da CRTVG celebra o 126º venres negro e denuncia que "nada se move" na Corporación. Defende A Galega esixe o cumprimento da Lei de Medios, o nomeamento do director xeral por maioría cualificada e a creación dun Consello de Informativos.
O TSXG ratifica a limitación de reunións a dez persoas imposta pola Xunta e tamén as medidas restritivas aplicadas nos últimos días en varias comarcas galegas. Ao igual que en ocasións anteriores, o tribunal sinala que as medidas "son idóneas para a prevención e protección da saúde da población á que van destinadas, necesarias dada a constatación dunha situación de perigo actual e real para a saúde da cidadanía e proporcionadas ponderando os diferentes intereses en conflito"
Abel Caballero anuncia unha “cabalgata estática” nunhas festas de Nadal “mil por cen” seguras. O rexedor vigués di que os reis magos permanecerán nun único punto e “será o público o que, de forma ordenada e gardando a distancia de seguridade, pase por diante”. [Imaxe de arquivo do Concello de Vigo].
A Axencia Europea do Medicamento (EMA) asegura que as primeiras vacinas contra o coronavirus chegarán na primavera de 2021. "Nos primeiros meses do vindeiro ano podería haber tres vacinas aprobadas pola EMA", di o seu director executivo, Guido Rasi.
Pharmamar anuncia "resultados positivos" do seu ensaio para o tratamento de pacientes con covid. O estudo do Aplicov demostrou "unha notable redución da carga viral" nos afectados por coronavirus, segundo indica a compañía.
Olga Novo, galardoada co Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Cultura por Feliz idade. O xurado destaca que se trata "dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis alá do tempo". Nesta entrevista de Montse Dopico, Olga Novo falou devagar para Praza.gal sobre a obra agora premiada.