A Asociación de Medios en Galego desenvolve este sábado a súa gala anual dende a Casa de Rosalía. O evento, conducido polo actor Federico Pérez, pódese seguir ao vivo en liña
Fálase
Ás 10:37 comezou a primavera. Como explica Meteogalicia, a esa hora, a Terra pasou polo equinoccio e "nese punto os dous polos, norte e sur, están á mesma distancia do sol e soamente unha metade exacta da terra está iluminada". Imaxe do satélite Meteosat divulgada por Meteogalicia.
A Comisión Europea recomenda vixiar a evolución da COVID-19 a través da presenza do SARS-CoV-2 nas augas residuais, ao xeito do que xa sucede na Coruña co proxecto COVID Bens. A investigadora que coordina o proxecto, Margarita Poza, explicaba hai poucos días en Praza.gal que teñen constatada a súa capacidade para anticiparse aos rebrotes da pandemia.
A Axencia Europea do Medicamento (EMA) reafírmase despois da investigación realizada en que a vacina de AstraZeneca contra a Covid-19 é "segura e efectiva" e non atopa relación entre a súa administración e os eventos tromboembólicos notificados nas últimas semanas. Este martes o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas suspenderon temporalmente a aplicación da vacina mentres non se aclaraba a posible relación coas tromboses rexistradas.
O Congreso dos Deputados aproba definitivamente a lei de eutanasia por ampla maioría absoluta, como xa sucedera o pasado decembro, antes do seu envío ao Senado. O resultado final é de 202 votos a prol fronte a 141 en contra (PP e Vox) e 2 abstencións. Finaliza así a tramitación da norma máis de dúas décadas despois da morte de Ramón Sampedro, pioneiro na súa reivindicación. Máis información, hoxe en Praza.gal
O novo auditorio de Lugo chamarase 'Fuxan os ventos', en homenaxe ao histórico grupo musical. "É un dos grupos musicais galegos máis importantes e no vindeiro ano 2022 cumpriranse 50 anos daa súa formación", destaca a edil lucense de Cultura, Maite Ferreiro. A nova infraestrutura cultural foi rematada pola Xunta en 2016 e chegara a ser inaugurada, pero o deterioro da obra por mantelo pechado e discrepancias co Concello sobre os seus remates viñeron adiando a entrega e apertura definitiva, que aínda non se produciu. Na imaxe, membros actuais de Fuxan os Ventos durante a gravación dun disco conmemorativo en 2008.
O Goberno de España nomea presidente do Consello Económico e Social (CES) o vigués Antón Costas.
O Diario Oficial de Galicia publica as restricións da Xunta pola COVID-19 que estarán en vigor dende mañá, 19 de marzo. Podes consultalas aquí sobre o mapa e por concellos
A Xunta decide que a hostalería poderá abrir na maior parte de Galicia ata as 21 horas desde o venres. Nos 290 concellos con menos de 150 casos de COVID-19 por 100.000 habitantes nos últimos 14 días amplíase tamén a capacidade no interior dos locais ata o 50%. O toque de recollida permanece ás 22 horas.
Falece aos 84 anos o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, segundo confirma a Fundación Rosalía de Castro, da que era padroeiro. Barreiro foi presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.