O BOE publica as normas contra a COVID para a ponte de San Xosé e a Semana Santa acordadas no Consello Interterritorial de Saúde. As de "obrigado cumprimento" que atinxen a Galicia son o peche perimetral autonómico, o toque de recollida "máximo" de 23h a 6h e a limitación de encontros a 6 persoas non conviventes en espazos abertos e 4, en pechados. "En espazos privados, as reunións limitaranse a conviventes", engade. A Xunta pode engadir outras medidas máis flexibles ou restritivas sobre este marco xeral.
- INTERACTIVO | Restricións da Xunta pola COVID dende hoxe, 12 de marzo
