Membros do comité de Povisa péchanse na Consellería de Sanidade para rexeitaren a venda do hospital concertado a unha multinacional americana. Reclaman unha xuntanza co conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, para lle trasladar a reivindicación de que sexa a Xunta a que merque o complexo, de referencia para 130.000 pacientes da área viguesa. (Imaxe: CIG)
