A ex-conselleira Beatriz Mato queda no consello de MásMóvil logo de que a empresa tomase o control de Euskaltel tras a OPA.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/bamato-d19a1f3.jpeg)
A ex-conselleira Beatriz Mato queda no consello de MásMóvil logo de que a empresa tomase o control de Euskaltel tras a OPA.
Remataron en Toquio os xogos da XXXII Olimpíada da era moderna, na que a representación galega obtivo tres medallas de prata e tres de bronce, o mellor resultado da historia.
Nas fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
O TSXG denega a suspensión cautelarísima da obriga de presentar o certificado de vacinación ou de test negativo da COVID para acceder a locais de hostelaría, tal e como reclamara a asociación empresarial Lugo Monumental no seu recurso contra a medida da Xunta. O Tribunal considera que a entidade non acreditou o prexuízo "concreto" que lle causa a medida como para adoptar esa suspensión urxente. A tramitación do recurso continúa pola vía ordinaria. Noutro auto deste mesmo venres, o TSXG avala a extensión temporal da limitación das reunións de non conviventes que xa estaba vixente.
A Xunta publica no DOG o procedemento para poder pescar nalgúns portos galegos, que esixe declaración responsable, seguro e licenza de pesca marítima de recreo. En 15 portos a pesca estará prohibida, en 79 permitirase nalgúns treitos e en 28 de menores dimensións en todo o recinto.
Wikileaks revela máis de 17.000 documentos internos das organizacións españolas de extrema dereita Hazte Oir e Citizen Go que revelan aspectos como o seu financiamento grazas ao apoio de, entre outros, altos executivos e grandes fortunas, así como as súas ligazóns políticas e internacionais. A documentación filtrada é publicada en colaboración con catro medios: Público (España) taz (Alemaña), Il Fatto Quotidiano (Italia) e Contralínea (México).
A Xunta publica no DOG as modificacións nas restricións da COVID-19 que estarán vixentes dende a medianoite do sábado ao domingo. Alén dos cambios de nivel de restricións por concellos, xa anunciado, Sanidade introduce mudanzas na regulación das atraccións de feira para "posibilitar a apertura respecto dos concellos con nivel alto de restricións"
A Fiscalía pide imputar un delito de asasinato aos catro investigados maiores de idade polo crime de Samuel. Tamén o solicitan as acusacións particulares para os tres varóns en prisión provisional e a moza dun dos encarcerados. A acusación popular, exercida por ALAS Coruña, defende que está no procedemento para probar que Samuel "é vítima da homofobia" e para probar que houbo "delito de odio".
Os galegos Antía Jácome e Carlos Arévalo, quintos nas súas finais de piragüismo nos Xogos de Toquio. Ambos obteñen diploma olímpico en K1 e C1 200 metros respectivamente.
A Xunta abrirá a autocita para a vacinación contra a COVID-19 de persoas nadas entre os anos 2000 e 2005 dende as 9 da mañá do sábado, 7 de agosto, e ata as 23:30 do domingo, día 8, con 25.000 doses dispoñibles que serán inxectadas "a vindeira semana". Indica o Sergas que esta autocita segue correndo paralela ao chamamento por idade e continúa aberta, tamén, para persoas maiores de 40 anos que perdesen a súa quenda. A autocita tramítase no espazo de citas do Sergas, no portal E-Saúde ou mediante a aplicación Sergas Móbil.