O Consello de Ministros aproba 7,6 millóns para financiar os descontos na AP-53 pactados entre PSOE e BNG. O ministerio de transportes confirma que empezará a aplicar "ao longo do mes de abril" as bonificacións na vía de peaxe entre Santiago e Dozón (no tramo de Dozón a Ourense rexe o sistema de peaxe na sombra). Os descontos na AP-53 serán semellantes aos da AP-9, onde rexe unha bonificación xeral do 50% para viaxes de ida e volta en 24 horas -con telepeaxe-. Os vehículos que realicen un mínimo de 20 viaxes terán unha "bonificación adicional do 50% do importe pagado en todos os percorridos realizados nese mes". Actualmente, a tarifa xeral da AP-53 para vehículos lixeiros é de 7 euros por traxecto. [Imaxe: © Ministerio de Transportes]
