Varios incendios na fin de semana queimaron xa máis dun cento de hectáreas en Galicia. O de Duio, en Fisterrra, quedou extinguido tras arrasar arredor de 25, mentres que outros dous na Gudiña e Rodeiro, xa controlados segundo informa a Xunta, calcinaron 60 e 29 respectivamente. Servizos de extinción informaron tamén de fogos en Muíños, Celanova ou Vilardevós nos últimos días. Fotos: @Lumesgal.
