Felipe VI convoca unha nova rolda de consultas cos partidos políticos para os días 2 e 3 de outubro logo de recibir a presidenta do Congreso, Francina Armengol. Agárdase que o rei propoña agora a Pedro Sánchez como candidato á investidura logo do fracaso de Feijóo.
Fálase
Miguel Tellado (PP) culpa o PSOE do acoso sufrido polo ex-alcalde de Valladolid, Óscar Puente, na súa viaxe cara a Madrid para participar no debate de investidura de Feijóo. O ex-secretario xeral do PPdeG chama "matóns de patio de colexio" aos socialistas logo e critica a "chulería e agresividade" do PSOE logo do altercado sufrido por un dos seus parlamentarios. A formación socialista pide a destitución do político ferrolán.
Guadi Galego lanza novo sinxelo, O.D.A., o seu primeiro tema desde o álbum Roibén, de 2022. "Estamos vivas", reivindica a artista cedeiresa sobre unha canción que xa está dispoñible en diversas plataformas.
Ás 12.15 horas deste venres retómase a sesión de investidura de Feijóo, na que deberá ter máis votos a favor que en contra para ser elixido presidente tras non lograr o mércores a maioría absoluta do Congreso. A votación realizarase "non antes" das 13.22 horas, 48 horas despois da fracasada primeira votación. A sesión pode verse en directo na web do Congreso.
Unha concentración en Noia rexeita as "tentativas de intimidación da mineira de San Finx". A plataforma contra as verteduras concentrouse ante os xulgados, onde estaba chamado a declarar o director da mina para "ratificar unha denuncia falsa presentada contra Ecoloxistas en Acción".
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía pola súa obra Materia. O Ministerio de Cultura premia a poeta galega pola súa "poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio". Foto: Xerais.
Unha fotografía do ceo estrelado tirada en Cangas, obra de Ignacio Martínez. acada o terceiro posto no certame Mi Rincón Favorito, no que participaron tres mil propostas de todo o Estado. Ademais, unha imaxe obtida en Ribadeo acadou un accésit e outra en Pontevedra unha mención especial.
Feijóo fracasa no seu primeiro intento de ser investido presidente do Goberno. O líder do PP só obtivo o apoio do seu grupo, de VOX, UPN e CC, sumando 172 votos a favor e 178 en contra. Este venres terá lugar a segunda votación, na que só necesita unha maioría simple (máis votos a favor que en contra). A repetición do resultado obtido hoxe significaría o rexeitamento definitivo da súa investidura.
Mobilizacións este xoves 28 de setembro no Día de acción global polo acceso ao aborto legal e seguro para reclamar un "aborto libre e garantido na sanidade pública" galega. A Marcha Mundial das Mulleres e a plataforma do Feminismo Unitario de Vigo convocan manifestacións e concentracións co foco nas 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano que o Sergas vai subcontratar na privada co argumento de que a obxección de conciencia do seu persoal impide garantir os prazos de atención necesarios.
- HEMEROTECA | O Sergas di non ter persoal para 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano e subcontrátaas por 460.000 euros
- HEMEROTECA | Críticas á subcontratación de abortos: “Non pode ser que a obxección de conciencia se concentre na pública"
- HEMEROTECA | A Xunta culpa o Ministerio de non ter un rexistro de profesionais obxectores de abortos
Familiares da galega desaparecida nun barco do CSIC, "indignados" pola "total falta de comunicación" do organismo. Advirten nun comunicado de que levan quince días de "incerteza, sen avances de ningún tipo".