Toda Galicia quedará no nivel baixo de restricións da Xunta pola COVID dende o sábado agás Monforte, que fica no nivel medio. Así o comunicou Sanidade o pasado serán. O cambio de niveis combínase co novo protocolo da hostalería, en vigor dende hoxe, que polo momento non varía malia á sentenza do Supremo que permite esixir o certificado de vacinación, de test negativo ou de superar a enfermidade para acceder aos locais. Cómpre agardar, en calquera caso, para coñecer se o Goberno galego se dispón tamén a suprimir os límites ao dereito de reunión que aínda mantén.
