A Comisión Europea calcula unha recadación duns 140.000 millóns de euros coas medidas para "limitar os ingresos" das grandes eléctricas. "Nos tempos que vivimos non pode ser que algúns obteñan uns beneficios extraordinarios e sen precedentes grazas á guerra e a costa dos consumidores", defendeu a presidenta, Ursula Von der Leyen, durante o seu discurso no Debate sobre o Estado da Unión, que se desenvolve na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo. Esa cantidade sería o resultado de sumar a limitación de prezos no mercado a fontes enerxéticas como as renovables e a nuclear -independente do tope ibérico ao gas- e un imposto sobre os beneficios extraordinarios ás eléctricas que producen con combustibles fósiles. [Imaxe: © UE]
- AMPLIAMOS 👉 A UE chama ao aforro enerxético e recortará os beneficios das eléctricas: "O mercado xa non funciona"
- O prezo dos combustibles repunta en Galicia no final de agosto logo de dous meses de descenso
- Sánchez anuncia impostos extra a enerxéticas e bancos, trens de balde e máis bolsas para combater a crise de prezos
