Así se distribuíron en 2025 as subvencións da Xunta ao funcionamento das forzas políticas con representación parlamentaria. Son 2 millóns de euros asignados en función dos resultados das últimas eleccións galegas. Trátase do primeiro reparto dun ano enteiro ligado aos comicios de 2024, o que implica que o PP ve lixeiramente reducida a súa asignación (uns 7.000 euros menos), o BNG experimenta un incremento (uns 20.000 máis); o PSdeG perde fondos (uns 18.000 euros) e DO obtén case 4.000 máis. A resolución oficial está publicada no DOG dende este martes.