O pleno de Sarria aproba que a Rúa José Antonio pase a ser a Rúa Xela Arias, unha decisión que completa "unha débeda co pobo de hai moitos anos". PSdeG e BNG votaron a favor e o PP votou en contra criticando os gastos que o cambio suporá para os negocios desa rúa.
