A selección volve xogar oito anos despois: o combinado galego masculino absoluto de fútbol enfrontarase a Panamá o 31 de maio, segundo confirma a Federación Galega de Fútbol, que aínda non revela o estadio no que se celebrará o encontro, se ben todo apunta a Balaídos, nin a identidade do seleccionador. A Federación si adianta que no encontro a selección galega estará encabezada por Iago Aspas e Lucas Pérez. Na imaxe, once titular da Irmandiña fronte a Venezuela en Riazor en 2016. [© FGF]
- AMPLIAMOS 👉 Galicia-Panamá con Iago Aspas e Lucas Pérez como protagonistas: volve a Selección oito anos despois
- HEMEROTECA | Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra
- HEMEROTECA | A selección galega dispara a audiencia da TVG
- HEMEROTECA | Catalunya impón a lóxica na festa do fútbol feminino galego