Centos de hostaleiros reclaman "un plan de rescate real" nunha mobilización en Santiago. A Plataforma na Defensa da Hostalaría Galega presenta un documeno no que reivindican un plan "a medio prazo" e "reformas lexislativas" no sector.

Centos de hostaleiros reclaman "un plan de rescate real" nunha mobilización en Santiago. A Plataforma na Defensa da Hostalaría Galega presenta un documeno no que reivindican un plan "a medio prazo" e "reformas lexislativas" no sector.
Máis de 9.000 persoas foron vacinadas xa durante a mañá na primeira xornada de vacinación masiva en Galicia. Os profesionais sanitarios administran a dose a "doce persoas por minuto" na Coruña.
Os Franco alegan que a sentenza da Audiencia Provincial recoñece que ocuparon de maneira "pública e pacífica" Meirás durante máis de 30 anos no seu recurso ao Supremo. Os herdeiros do ditador ampáranse, como na contestación á demanda do Estado, na inacción das administracións durante décadas.
En marcha a vacinación masiva contra a COVID en varias vilas e cidades de Galicia, coa que se abre unha fase de aceleración da inmunización no país. As persoas entre 50 e 55 anos reciben a primeira dose en espazos como a Cidade da Cultura, Expocoruña ou o IFEVI en Vigo.
Adif prevé o remate da intermodal de Vigo-Urzáiz en febreiro do próximo ano e comeza o traslado dos espazos para viaxeiros do edificio provisional aberto en 2015 ás novas instalacións. A vella estación de Vigo-Urzáiz foi derrubada en 2011 e a nova non estará rematada ata máis dunha década despois.
A oposición tomba os orzamentos do goberno local de Santiago e o alcalde vincularaos a unha cuestión de confianza. O socialista Xosé Sánchez Bugallo anuncia que recorrerá ao procedemento que lle permitirá aprobar as contas se o resto de grupos non son quen de acordar unha moción de censura. O Pleno deste venres tamén aprobou a modificación do plan de urbanismo para limitar os pisos de uso turístico.
Os concellos con restricións altas e máximas pola COVID-19 serán só 9 dende o vindeiro luns ás 00:00. O nivel máximo de restricións, con peche perimetral individual, veto a encontros de non conviventes e peche da hostalería continuará na Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela. No nivel alto estarán só Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada. O resto de Galicia queda no nivel medio. Así o vén de confirmar a Xunta. Podes consultar nesta ligazón o novo mapa de restricións.
O BOE publica as normas contra a COVID para a ponte de San Xosé e a Semana Santa acordadas no Consello Interterritorial de Saúde. As de "obrigado cumprimento" que atinxen a Galicia son o peche perimetral autonómico, o toque de recollida "máximo" de 23h a 6h e a limitación de encontros a 6 persoas non conviventes en espazos abertos e 4, en pechados. "En espazos privados, as reunións limitaranse a conviventes", engade. A Xunta pode engadir outras medidas máis flexibles ou restritivas sobre este marco xeral.
Persoal de ENCE que se mobilizaba contra un eventual peche da factoría increpa o alcalde e varios membros do goberno local de Pontevedra, que tiveron que ser escoltados pola Policía Local ao abandonaren as instalacións municipais e nos seus vehículos, golpeados por algúns dos manifestantes, como amosan as imaxes tomadas por Pontevedra Viva e o Canal Rías Baixas. "Non viñan concentrarse, viñan agredir verbalmente e mesmo fisicamente ás persoas que alí estabamos", afirma Miguel Anxo Fernández Lores.
O Congreso aproba tres puntos da proposta pola diversidade lingüística impulsada polas entidades en defensa da lingua propia como A Mesa. O BNG e outras nove forzas presentaron na Cámara Baixa a proposición para acabar coa "imposición" do castelán e a "discriminación" do galego.