Os concellos con restricións altas e máximas pola COVID-19 serán só 9 dende o vindeiro luns ás 00:00. O nivel máximo de restricións, con peche perimetral individual, veto a encontros de non conviventes e peche da hostalería continuará na Mezquita, Boborás, Vilardevós, Pontecesures e Paradela. No nivel alto estarán só Sobrado, Soutomaior, Arteixo e Chantada. O resto de Galicia queda no nivel medio. Así o vén de confirmar a Xunta. Podes consultar nesta ligazón o novo mapa de restricións.
