Hoxe, 19 de xaneiro, entra en vigor a nova lei educativa. Isto é o que di (e o que non) sobre a escola privada e a pública, os idiomas oficiais ou os criterios para pasar de curso, entre outras mudanzas
Fálase
Chega a Galicia unha nova remesa das vacinas de Pfizer contra a COVID-19 para continuar o proceso de vacinación. Sen contar esta nova remesa, o Sergas levaba recibidas 57.880 doses e administrara o 97,6% delas, segundo datos do Ministerio de Sanidade, que tamén recolle que, a data deste 18 de xaneiro, 150 persoas xa recibiran as dúas doses en Galicia (Imaxe: Delegación do Goberno de España en Galicia)
Os Premios de Teatro María Casares adían a convocatoria da súa 25ª edición "ante a incerta perspectiva de poder desenvolver con garantías o normal funcionamento do certame e a súa entrega" por mor da pandemia de Covid-19, indica a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, organizadora dos galardóns. A gala de entrega debía celebrarse ao redor do 27 de marzo, Día Mundial do Teatro
Múltiples persoas dan conta dun forte resplandor de luz no ceo que, a pasada madrugada, foi divisado dende diversos puntos de Galicia, do Bierzo e do norte de Portugal. Nalgúns casos, aseguran que o resplandor foi acompañado dun forte ruído. Un suceso semellante, en abril de 2020, resultou ser efecto dun fragmento dun foguete ruso Soyuz. (Imaxe: Google Maps)
Nieves Cabo, a primeira muller vacinada contra a COVID en Galicia, recibiu xa a segunda dose 21 días despois de serlle administrada a primeira, o pasado 27 de decembro. O Sergas comeza así a inmunización, que prevé total entre anciáns de residencias, grandes dependentes e persoal sanitario contra a COVID no mes de marzo.
O BNG denunciará en Europa o novo plan de transporte escolar no Courel. A portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, presentará unha iniciativa na Comisión de Peticións da Eurocámara para denunciar a discriminación causada polo sistema ao “vulnerar o dereito á igualdade no acceso á educación". Anunciouno tras reunirse cos afectados en Folgoso.
Detido un home polo homicidio dunha muller en Oza-Cesuras. O suceso tivo lugar na noite deste venres e o sospeitoso foi detido nun predio achegado ao lugar do crime.
VINTE | Comeza a cuarta década da rede en galego, que nos vai traer?. VINTE repasa as tendencias da internet galega dende1991 ata o máis recente e albisca o que se agarda deste 2021 tras un ano no que, por exemplo, se dispararon as mencións ao 'Galitwitter' ou 'Galituiter'
O xulgado absolve o ex-líder do PSdeG Pachi Vázquez de prevaricación na contratación de persoal cando era alcalde do Carballiño.
O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos (PP), carga con dureza contra a xestión do conselleiro do Medio Rural, José González (PP), que descualifica como "pandemia" para os concellos rurais do país por impulsar proxectos que ve "inviables, innecesarios e pouco eficaces". "A liña de traballo que se está a seguir supoñerá un fracaso rotundo do rural galego", defende nun artigo publicado en Campo Galego. Alberto Núñez Feijóo retrucou a estas críticas instando o rexedor friolense a realizalas polas canles internas do PP. En 2018, Santos xa pedira a dimisión do daquela conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.