O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos (PP), carga con dureza contra a xestión do conselleiro do Medio Rural, José González (PP), que descualifica como "pandemia" para os concellos rurais do país por impulsar proxectos que ve "inviables, innecesarios e pouco eficaces". "A liña de traballo que se está a seguir supoñerá un fracaso rotundo do rural galego", defende nun artigo publicado en Campo Galego. Alberto Núñez Feijóo retrucou a estas críticas instando o rexedor friolense a realizalas polas canles internas do PP. En 2018, Santos xa pedira a dimisión do daquela conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.
