Todos os concellos galegos pasan a estar no nivel alto ou máximo de restricións, que en principio implican limitacións de mobilidade (peches perimetrais) e o peche da hostalaría ás 18 horas, con xuntanzas dun máximo de 4 persoas non convivintes, entre outras medidas. Vén de decidilo o Comité Clínico da Consellaría de Sanidade, que segue reunido. Este mércores pola mañá a Xunta detallará en rolda de prensa as novas restricións, que buscan frear a escalada de contaxios da terceira onda da pandemia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/lljmo-niveis-de-restrici-ns-pola-covid-19-en-galicia-dende-o-4-12-42905c0.png)