A Xunta adianta o toque de recollida pola COVID-19 ás 22:00 e confirma que toda Galicia queda baixo os niveis alto e máximo de restricións, o que implica, entre outras medidas, o peche da hostalería ás seis da tarde. Alberto Núñez Feijóo adianta que o Goberno galego "recomenda" tamén non celebrar reunións de non conviventes nos domicilios despois desa hora.
