Queiman a bandeira do orgullo LGTBI+ que o Concello de Tui pendurara do balcón da casa consistorial. O goberno local condena os feitos, cuxa autoría se investiga, e pendurou unha nova bandeira. "Dende o Concello de Tui apostase pola igualdade, polo respecto, pola tolerancia", subliñan.
